Telescopio Hale | |
---|---|
Tipo | Telescopio reflector e telescopio óptico |
Data de fundación | 1948 |
Nomeado en referencia a | George Ellery Hale |
Eventos/Actividades | construción |
En | California e Observatorio Palomar |
País | Estados Unidos de América |
33°21′23″N 116°51′54″O / 33.356277777778, -116.86488888889 | |
Na rede | |
http://www.astro.caltech.edu/palomar/about/telescopes/hale.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O telescopio Hale é un telescopio de 200 polgadas (508 cm) de diámetro instalado no Observatorio Palomar, Estados Unidos; entrou en funcionamento en 1947 e comezou observacións regulares en 1949.[1] Foi financiado grazas ao esforzo de George Hale.
Grazas ao seu enorme tamaño e potencia, puidéronse medir os espectros e velocidades radiais de gran cantidade de galaxias: grazas a eles Milton Humason e Edwin Hubble puideron determinar a lei que rexe o desprazamento destes corpos celestes, medindo de modo aproximado o valor da constante de Hubble.